Volver

Cuarteto modal

Prieto María Teresa | Vari@s

Información del vídeo musical:

Intérpretes:

Imágenes:





Duración:
13m 1s
Título en Youtube:
MOSER STRING QUARTET: 'Cuarteto modal' de María Teresa Prieto (1895-1982). Música no Claustro 2024.
Descripción en Youtube:
Música no Claustro 2024 rematou cun concerto do Moser String Quartet co apoio da Sociedad de Artistas, Intérpretes y Ejecutantes (AIE). É unha formación de música de cámara cunha proxección internacional pese a xuventude das súas integrantes. Teñen actuado nos continentes europeo, americano e asiático, e recibido diversos recoñecementos, nos que destaca o Premio Especial "Ambassador Ensemble" do Osaka International Chamber Music Competition en 2023, ao que se une na tempada 2024 a residencia artística no ProQuartet Centre Européen de Musique de Chambre en París ou a xira AIEnRUTa Clásicos no estado español a través da que chegan á Catedral de Tui. Moser String Quartet está formado polas violinistas xaponesa Kanon Miyashita e a española Patricia Muro, xunto á violista francesa Élise Hiron e a violonchelista italiana Lea Galasso. Nesta diversidade de nacionalidades e orixes cardinais, o punto de encontro das integrantes é a academia suíza Hochschule für Musik Basel. Neste concerto, Moser String Quartet interpretou obras de Purcell, Mozart e Mendelssohn, ao que se uníu este 'Cuarteto modal' da asturiana María Teresa Prieto (1895-1982), unha obra estudada en profundidade pola musicóloga Tania Perón Pérez na súa tese de doutoramento dedicada á compositora cuxo legado se conserva en México, país no que se refuxiou en 1936 tras o inicio da Guerra Civil. 00:22 I.- Adagio (Dórico) 04:26 II.- Scherzo Allegretto (Lidio) 06:20 III.- Andante Espressivo (Eólico) 10:18 IV.- Fuga. Allegro non troppo (Jónico) Segundo Perón Pérez: "En 1957 finalizou o seu terceiro cuarteto, o Cuarteto modal, obra que recupera as ensinanzas que Benito García de la Parra lle inculcara durante os seus estudos no Conservatorio de Madrid e que aplicou durante toda a súa carreira compositiva. A obra, dedicado ao seu querido irmán Carlos, foi editada por Ediciones Mexicanas de Música en 1959. O cuarteto está integrado por catro movementos, igual que os seus dous cuartetos previos, estando cada un deles escrito nun modo: Dórico, Lidio, Eólico e Jónico. A compositora recupera a forma do Cuarteto nº1, no que o scherzo aparecía como segundo movemento, mentres que o tempo lento se situaba como terceira sección do cuarteto. E ten en comín co segundo cuarteto a introdución dunha fuga, neste caso, no movemento final. […] Ao ano seguinte, Prieto, baixo o seudónimo de "México", presentou o cuarteto ao concurso en Madrid para optar ao Premio Samuel Ros, o máis importante galardón para música de cámara que se convocaba entón en España. O 24 de xuño de 1958 recibiu a comunicación […] de ter recibido o premio, por unanimidade do xurado […]. A pesar d que a obtención do premio supuña a estrea da obra no acto de entrega, o Cuarteto Modal foi estrado o 5 de setembro de 1958 no Palacio de Bellas Artes de México". Con esta formación canónica da música clásica europea finalizamos Música no Claustro 24, coa gratitude de todas as experiencias, encontros e músicas atlánticas vividas ao longo destes sete